Como participar

Participar nesta iniciativa é moi sinxelo: buscamos persoas que acompañen a estes mozos e adolescentes no seu camiño cara á independencia: aconsellando en materia laboral, orientando na procura de piso, poñendo en común asuntos de actualidade, propoñendo opcións de lecer… ou, simplemente, compartindo unha conversa durante un café.
 
Nós ocupámonos de captar e seleccionar as persoas. Logo formarémolas e crearemos o contacto que propicie a relación entre o mozo e o referente. Faremos un seguimento permanente para velar por que a relación sexa construtiva e favorable para as dúas partes.
 
Só debes encher o formulario cos teus datos e porémonos en contacto contigo

Menu politicas 2